viernes, 11 de marzo de 2011

Cantiga do amante preso


CANTIGA DO AMANTE PRESO
A cadea e un vestido de pedra
JAGOT
Boas noites, amiga,
Dígoche dende o cárcere
Mesto espacio de sombras
Limitadas a carne,
Promontorio de pelos
Elévase no sangue
E a luz, como un cheirume,
Esvara, negra, avante.
Detéñense as palabras,
Os pensamentos pairan,
Como un morcego tépedo
O corazón se cala.
Na cadea hai menceres
De néboa en cada ollada
E ratos grises fanche
Un burato na alma.
Hai unha dor cega
Que cada cousa mancha
E podremias antigas
Ao corazón se engarran.
A espiral da tortura,
As pantasmas odiadas,
O libro do silencio
E a tristura probada
Rematan nesta noite,
Oh miña ben amada,
Para comezaren logo
Á mañá, como lama,
Boas noites, amiga,
Dígoche dende o cárcere,
Mentres o teu recordo
Froitifícame, árdeme.
(de Poesía enteira de Heriberto Bens)
X.L. Méndez Ferrín


Comentario: En esta poesía de Xosé Luis Méndez Ferrín el escritor busca la excusa del amor para describir y denunciar la situación vivida en  la cárcel y los sentimientos allí desatados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario